Blog

21 Xullo, 2016

Conclusións do Avogado Xeral da Unión Europea sobre a retroactividade da cláusula solo

Retroactividad de la cláusula suelo. Abogados Orense.Abogados Ourense
Conclusiones Unión Europea sobre la retroactividad de la cláusula suelo

O 13 de xullo de 2016 fixéronse públicas as conclusións do Avogado Xeral da Unión Europea sobre a limitación temporal dos efectos da declaración de nulidade da cláusula solo.

Para  abordar esta cuestión, remitiremonos en primeiro lugar ó disposto no artigo 1303 do noso Código Civil que sinala :

“Declarada a nulidade dunha obriga, os contratantes débense restituir recíprocamente as cousas que houbesen sido materia do contrato, con os séus froitos, e o prezo cós intereses, salvo o que se dispón  nos artigos seguintes.”

Así, a inclusión de cláusulas solo nun contrato bancario determina a nulidad e do mesmo por falta de transparencia, por tratarse de una cláusula abusiva e desequilibrio entre as partes contratantes. A nulidade destas cláusulas determina (dacuerdo có disposto  no artigo antes citado) a devolución a ó consumidor dos importes indebidamente cobrados e intereses correspondentes desde  a data de perfeccionamento do contrato.

Por outra parte, a Sentenza do Tribunal Supremo de 9 de mayo de 2013 considerou abusivas as cláusulas solo, xa que os consumidores non foran adecuadamente informados acerca da carga económica e xurídica que lles impuñan esas cláusulas. Non obstante, o Tribunal Supremo decidiu limitar os efectos  no tempo da declaración de nulidade desas cláusulas, de modo que sólo  produciran efectos de cara ó futuro, a partir da data en que se dictou a citada sentenza. Esto motivou que algúns Tribunais españois decidisen plantear unha cuestión prexudicial ó Tribunal de Xustiza da Unión Europea a efectos de obter un pronunciamiento sobre si a mencionada Sentenza do Tribunal Supremo é compatible coa Directiva de Cláusulas Abusivas (Directiva 93/13/CE).

O Avogado Xeral da Unión Europea considera quela Directiva non determina as condicións nas que un órgano xurisdiccional nacional pode limita-los efectos das resolucións polas que se califica como abusiva unha cláusula contractual. Por conseguiente, corresponde ó ordenamento xurídico interno precisar esas condicións, sempre dende o respeto dos principios de equivalencia e efectividade do Dereito da Unión.

Por outra parte, entende que as importantes consecuencias macroeconómicas que se poderían derivar da aplicación sen límites da nulidade das cláusulas solo poderían xustifica-la limitación temporal dos seus efectos.

A pesar do anterior, debemos ter en conta que as conclusións emitidas polo Avogado Xeral nno son vinculantes para o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.  Os consumidores afectados deberán esperar ata final de año para coñece-la sentenza  do TXUE que resolverá definitivamente sobre a retroactividade dea cláusula solo.

Se quere obter máis información,contacte con nós a través do formulario web o chame ó 988 23 27 93 sen compromiso.