Gómez & Alonso Avogados é unha firma integrada por profesionais independentes con sólida formación xurídica e económica así como dilatada experiencia en despachos de ámbito nacional e internacional.
A especialización do equipo de Gómez & Alonso permite ofrecer ós nosos clientes un asesoramento integral de gran calidade técnica, froito do traballo en equipo dos nosos integrantes que analizan tódolos asuntos de modo global, considerando as posibles consecuencias xurídicas nas distintas áreas de especialización da nosa firma.
O noso despacho ten unha clara vocación de servizo, ofrecendo ós nosos clientes solucións eficaces e de gran calidade.
Entre os nosos clientes atópanse: particulares, empresas, comunidades de bens, fundacións e asociacións. Todos eles reciben un trato personalizado, un servizo de gran calidade técnica e solucións eficaces froito do profundo coñecemento das súas necesidades.