Coñécenos

En Gómez & Alonso Avogados, o activo máis importante é o noso equipo. Os integrantes do mesmo non só son profesionais con sólida formación xurídica e económica senon que tamén contan con unha dilatada traxectoria profesional.

A especialización dos nosos integrantes en distintas áreas, permite á nosa firma ofrecer un servizo integral ós nosos clientes.

Así, os nosos avogados son doble licenciados en Dereito e Administración e Dirección de Empresas, que cursaron diversos Máster de especialización en Fiscalidade Nacional, en Fiscalidade Internacional así como programas de especialización en Dereito Urbanístico e en Dereito Concursal.

A óptima formación do equipo unida á dilatada experiencia en distintas áreas como Dereito Urbanístico, Dereito Fiscal e Dereito Bancario permítenos ofrecer a cada cliente unha solución eficaz  axustada ás súas necesidades.

Somos conscientes de que a globalización da economía ten posto de manifesto a necesidade de prestar asesoramento en outros marcos xurídicos. Por este motivo,  temos sucrito acordos de colaboración con firmas de primer nivel en outros  puntos da xeografía nacional e internacional.

VISIÓN ESTRATÉXICA

ASESORAMENTO INTEGRAL

CALIDADE TÉCNICA