Blog

15 Xuño, 2017

¿Cómo tributan as cantidades percibidas pola devolución de cláusula solo no IRPF?

O Real Decreto-Lei 1/2017, de 20 de xaneiro de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas solo regula a tributación destas cantidades.

Dacordo con esta disposición, as cantidades devoltas ós consumidores son consideradas un reintegro dun pago indebido. Polo tanto, non constitúen renda.

Ademáis, os intereses de indemnización relacionados coa cláusula solo tampouco se deben integrar na base impoñible.

¿Cómo afecta á túa declaración da Renda a devolución destes importes se aplicaches a deducción por inversión en vivienda habitual ou outra deducción autonómica?

Debemos diferenciar dúas posibles situacións:

  • O contribuínte recibe a devolución en metálico.

Pérdese o dereito aplica-la deducción (na parte correspondente ó importe devolto).  Polo tanto, os intereses deducidos de máis  nos catro anos anteriores, deberánse incluirse na declaración do IRPF do exercicio no que se dicte a sentenza, laudo ou acordo coa entidade. Non obstante, non se esixirá interese de demora, sanción nin recargo.

  • As cantidades devoltas ó contribuínte reducen o importe do préstamo.

Non será preciso regulariza-las deduccións practicadas nos anos anteriores.

.

¿Qué sucede se ises intereses se tivesen considerado gasto deducible ?

Pérden tal consideración e haberá que realizar autoliquidación complementaria correspondente ós exercicios non prescritos, sen sanción, nin intereses de demora, nin recargo.

O prazo de presentación das declaracións complementarias será o comprendido entre a data da sentenza, laudo ou acordo, e a finalización do seguinte plazo de prsentación da autoliquidación do imposto

 

Si desexa obter máis información sobre algunha das nosas  áreas de especialización

póñase en contacto con nós   a través do noso formulario web,

chamando ó  988 23 27 93 ou

enviando un correo electrónico a info@gomezalonsoabogados.com