Blog

25 Maio, 2016

Tributación das costas procesais

costas procesales-gomez-y-alonso-abogados
Tributación de las costas procesales| Gómez & Alonso Abogados

Unha dúbida recorrente entre os nosos clientes refírese a cales son as consecuencias fiscais de gañar un xuizo con costas. Por iso, utilizamos un novo post para analizar tódolos aspectos desta cuestión.

Ó gañar un procedemento xudicial ante outra parte, isto adoita conlevar o pago de costas procesais  á parte gañadora.

Dacordo coa consulta da DXT V1356-12 y V 0598-08, a consideración destes importes no  Imposto da Renta das Persoas Físicas será a seguinte:

  • Parte gañadora. Para ésta suporá a incorporación ao seu patrimonio dun crédito ó seu favor ou de cartos, constituíndo así unha ganancia patrimonial, conforme o disposto no artigo 33.1 LIRPF, sen que proceda a deducción dos gastos en que efectivamente  incurriu a consultante na interposición da reclamación xudicial.

Esta ganancia patrimonial formará parte da base impoñible xeral do imposto xa que non deriva da transmisión de elementos patrimoniais conforme o disposto no art. 48 LIRPF.

  • Parte perdedora. O pago á outra parte das costas procesais comporta unha alteración na composición do seu patrimonio para o obrigado ó pago producíndose unha variación no seu valor, que polo carácter alleo á vontade do consultante que ten o pago destas costas exclúe a súa posible consideración como un suposto de aplicación de renta ó consumo do contribuínte, é dicir, non se trata dunha pérda debida ó consumo polo que, nin dos casos previstos no art 33.5 que a Lei do Imposto excepciona do cómputo de perda patrimonial, procede concluir que o pago das costas comporta para a consultante unha perda patrimonial.

Por outra parte, según sinala a  consulta da DXT V0691-09, en relación co Imposto sobre o Valor Engadido: dado que as costas teñen natureza indemnizatoria, non procede repercusión algunha do tributo pola parte gañadora á perdedora xa que non hai operación suxeita ó mesmo que sustente a repercusión.

O mesmo criterio  recollese na Consulta  V2579-07 puntualizando ademais que ó non haber operación suxieta a tributación, non procede a expedición de factura a estes efectos, sen perxuizo da expedición de calquera outro documento co que se xustifique o cobro do importe correspondente.

Dacordo ca consulta DXT V0190-08, as costas non deberán incluirse na declaración de operacións con terceiras persoas (modelo 347). Así, sinala:

“o  importe da tasación en costas que pagou a entidade consultante  correspóndese co pago dunha indemnización non suxeita ó Impuesto sobre o Valor Engadido, pola que o perceptor do correspondente importe non está obrigado a expedir factura, sen perxuicio da expedición de cualquera outro documento que acredite a súa percepción, a entidade consultante non está obrigada a consignar na declaración con terceiras persoas dito importe.”

En canto á obriga de practicar retención pola parte condeada, a Consulta V0343- 09 aclara que xa que a parte que la parte condeada está pagando unha indemnización áparte vencedora e non rendementos profesionai aos abogados e procuradores da parte vencedora,  a parte condeada en costas non estará obrigada a practicar retención

Se quere saber máis, contacte con nós ou chame ó teléfono 988 23 27 93 sen compromiso.