Blog

17 Febreiro, 2017

Sala Primeira do TS: novos criterios de admisión de recursos de casación e extraordinario por infracción procesal

A Sala Primeira, do Civil, do Tribunal Supremo, en Pleno non xurisdiccional celebrado o 27 de xanerio de 2017,  adoptou un novo Acordo sobre criterios de admisión dos recursos de casación e extraordinario por infracción procesal, que sustitúe ó de 2011.

Ten por finalidade aclarar e concretar os anteriormente existentes

Estos acordos son vinculantes e complementan a regulación legal dos recursos extraordinarios, según indica a xurisprudencia do Tribunal Constitucional. Estos criterios de admisión forman parte do sistema de recursos, según reiterada xurisprudencia do Tribunal Constitucional (STC 150/2004, 114/2009 ye10/2012, entre outras).

Denúnciase neles a extensión desmesurada dos recursos e tamén da pautas precisas ós profesionais, en cuestións de forma. A partir de agora cada recurso  tenrá un máximo de 25 páxinas, a Times New Roman, con corpo 12, salvo nas notas a pé de páxina ou na transcripción de normas ou sentenzas, que se reduce a 10 puntos.

Outras esixencias  impoñense en canto á estructura do recurso, indicando que o escrito constará de “dúas partes perfectamente diferenciadas”, que afectan ó contido: na primeira, deberáse precisa-la norma de habilitación para interpoñe-lo recurso; e na segunda, o encabezado debe condensar os elementos esenciais do motivo, “de forma que podan ser comprendidos sen necesidade de acudir ó estudio da súa fundamentación”, mentres que o desenrolo debe comprender unha “exposición razoada da infracción ou vulneración denunciada e de cómo influiu no resultado do proceso”.

Acrlaranse tamén as causas de inadmisión que se poden alegar no escrito de oposición.

Todo elo dificulta  e reduce todavía máis o acceso do ciudadán  ós recursos extraordinarios.

Se desexa obter máis información

sobre alguhna das nosas áreas de especialización

póñase en  contacto con nós a través do noso formulario web,

chamando ó  988 23 27 93 ou

enviando un correo electrónico a info@gomezalonsoabogados.com