Blog

6 Xuño, 2016

¿A miña aseguradora pode aumenta-la prima do meu seguro?

incremento primas seguro
Puede mi aseguradora aumentar las primas del seguro?|Gómez & Alonso Abogados

Dacordo co previsto no artigo 14 da Lei do Contrato de Seguro,la prima deste contrato é un elemento esencial do mesmo, xa que constitúe  a obriga principal do asegurado. A modificación da prima suporía unha modificación do contrato (art. 1203.1 do Código Civil). Por este motivo, unha das partes non podería realizar modificacións da mesma sel consentemento da outra parte.

En primeiro lugar,  débese analizar se esa eventual variación da prima está contemplada  na póliza. Esto é debido a  que dacuerdo co artigo 5 da Lei de Contrato de Seguro, a suba do coste da póliza debe ser aceptada e formalizada por escrito polo cliente.

Dacordo coas Resolucións da Dirección Xeral de Seguros, poderíanse dar distintas situacións. No caso de que este incremento estea contemplado  no  contrato de seguro, a aseguradora podería realizar este encarecemento sen necesidade de avisar previamente ó cliente xa que o tomador prestou o seu consentemento ó suscribi-lo seguroDe non estares previsto,  o aumento da mesma debe ser aceptado polo tomador do seguro.

Por outra parte, cando este incremento de prima teña lugar con motivo da renovación do seguro previamente contratado, a aseguradora deberá comunicar ó cliente ese encarecimiento con dous meses de antelación ó vencemento da póliza (art. 22 Lei do Contrato de Seguro)

Se éste último fose o seu caso, vostede como asegurado non estaría obrigado a aceptar ese incremento e a compañía de seguros poderíase negar a prorroga-lo contrato. Así, chegado o vencemento do mesto, éste deixaría de producir efectos.

No caso de que o incremento non estivese recollido na póliza ou fose comunicado con menos de dous meses de antelación, para o caso de que o tomador non aceptase o incremento das primas, a compañía de seguros non poderá proceder á subida das mesmas. Deste modo, a compañía aseguradora terá que respeta-la prima ata o vencemento do seguinte periodo.

Ademáis, debe de ter en conta que o incremento da prima non pode ser discrecional senon que debe de responder a criterios de equidade e suficiencia.

¡Solicite agora información sobre a presentación de impostos,  dereito fiscal, as comprobaciones tributarias ou sobre as nosas distintas áreas de especialización!

Pode contactar con nós a través do noso formulario ou chamando ó teléfono 988 23 27 93 sen compromiso