Blog

22 Novembro, 2016

Novo proceso canónico de nulidade matrimonial

Nulidad matrimonial| Gómez & Alonso Abogados

Trala entrada en vigor dos “Motu proprio” “Mitis Iudix Dominus Iesus” e “ Mitis et Misericordis Iesus”  introducíronse modificacións sustanciais nas causas canónicas de nulidade matrimonial, reguladas nos Cánones 1671 a 1691 do Código de Dereito Canónico.

Os aspectos básicos da reforma pódense resumir nos seguintes puntos:

  • Unha única sentencia de carácter executivo.

Suprímese a doble sentencia conforme.  Bastará con unha sola decisión conforme en favor da nulidade do matrimonio.

A sentencia de nulidade será executiva salvo que sexa recurrida pola outra parte. Non obstante, se o Tribunal apreciase que a apelación é manifestamente dilatoria, porá fin á mesma e confirmará a primeira sentencia.

  • Duración dos procesos ordinarios non poderá superar un ano.

 

  • Introducción do proceso máis breve ante o Obispo

 Con este procedemento preténdese axiliza-la tramitación de nulidades onde os argumentos presentados amosan clara evidencia dun matrimonio nulo.

Poderase seguir este procedemiento nos supostos recollidos no Canon 1683:

Naqueles casos nos que a demanda sexa presentada polos dous cónxuxes o por un deles, previo o consenso do outro ou naqueles supostos nos que se den circunstancias de feitos e persoas apoiadas en testemuñas e documentos que non precisen unha instrucción máis detaiada e fagan manifesta a nulidade.

As circunstancias que poden dar lugar a esta tramitación aparecen recollidos no artigo 14 de Mitis Iudix Dominus Iesus. Entre outros causales de nulidade recóllense:

  • falta de fe que pode xerar simulación do consentimiento
  • error que determina a vontade
  • brevedade da convivencia matrimonial
  • aborto para impedi-la procreación
  •  permanente relación extraconxugal ó tiempo do matrimonio, ou sucesivo
  • ocultar dolosamente a esterilidade
  •  ocultar unha enfermedade contaxiosa
  • ocultar fillos dunha relación anterior
  • embarazo imprevisto da muller
  • violencia física para consegui-lo consentimento
  • falta de uso da razón comprobada por documentos médicos

Por outra parte, a tramitación deste procedemiento ten unha duración inferior  á do procedemiento ordinario.

  • O Vicario Xudicial poderá redirixir procedementos.

Outra novidade destacable, refírese á posibilidade de que o Vicario Xudicial redirilla procedementos que considere preciso.  Poderá decidir se un procedemento breve se debe continuar tramitando polo procedemento ordinario

  • Restáurase a apelación á sede Metropolitana.

 

  • Mantense a la apelación á Sede Apostólica.

Se quere obter máis información, contacte connosco a través do nosos formulario web ou póñase en contacto con nós chamando ó 988 2 327 93 ou enviando un correo electrónico a info@gomezalonsoabogados.com