O pasado 10 de febreiro publicouse Decreto 12/2017 de Apartamentos e Vivendas Turísticas en Galicia que entrará en vigor o próximo 10 de maio.
Este decreto ven a dar resposta ás novas situacións plantexadas. Nos últimos anos extendeuse a oferta de vivendas particulares con fins turísticos nas que se poder aloxar días ou semanas. Esta práctica ten experimentado unha notable expansión debido á proliferación de portais web que dan difusión a este tipo de aloxamentos.
Coa nova regulación, distínguense tres tipos de vivendas: vivendas de uso turístico, vivendas turísticas e apartamentos turísticos.
Cada unha destas categorías ten que cumprir unhas esixencias determinadas:
1.- Vivendas de uso turístico
Nesta categoría estarán incluidas aquelas vivendas que se destinen ó menos dúas veces ó año para unha estancia inferior a 30 días consecutivos.
Este tipo de viviendas deben ser alquiladas enteiras ( ye non por estancias), con amobladas, deben dispor de calefacción, servicio de asistenza e mantemento, teléfono de atención 24 horas e follas de reclamación. Ademáis, deberán cumprir coa normativa de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
Para poder alugar vivendas neste réxime, deberase realizar unha declaración previa de inicio de actividade ante a Administración turística
A comercialización deste tipo de vivendas poderase levar ó cabo tanto poos séus propietarios como por empresas turísticas. Uns e outros quedarán sometidos ó cumprimiento das obrigas que se recollen na Lei 7/2011 de 27 de octubro de Turismo de Galicia.
No caso de que nun mesmo edificio, varias vivendas pretendan ser explotadas neste réxime, o concello poderá limita-lo número de vivendas deste tipo por edificio ou sector.
2.-Vivendas turísticas
Pertencerán a esta categoría os establecementos unifamiliares illados nos que se preste servizo de aloxamento turístico. Deber ser alugadas na súa totalidade e non por estancias.
Estas viviendas deberán dispor de instalacións e mobiliario adecuado para a súa utilización inmediata, para a utilización, consumo e elaboración de alimentos. O número de prazas ofertadas nestes establecementos non poderá ser superior a 10.
3.-Apartamentos turísticos
Nesta categoría quedarán incluidos inmobles integrados en bloques de pisos, chalets o bungalós destinados na súa totalidades a aloxamento turístico.
Dentro desta categoría, establécense a súa vez outros tres niveis atendendo á calidade dos servizos e as instalacións.
Cada unidade de aloxamento desta categoría debe estar dotada de mobiliario que permita a súa inmediata utilización e disfrute de instalacións e servizos do bloque no que se atope. Ademáis, deberá dispor de instalcións e servizos que permitan a conservación elebaoración e consumo de alimentos e bebidas.