Blog

26 Agosto, 2016

Principais modificacións da Lei do Solo de Galicia

Ley del Suelo Galicia.
Modificaciones Ley del Suelo de Galicia 2016.

O pasado 19 de marzo, entrou en vigor a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galiza. Neste artigo, analizaremos as novidades introducidas pola mesma.

Esta nova lei, mantén a clasificación tradicional do solo diferenciando entre solo urbán, de núcleo rural, urbanizable e rústico.

Igual que sucedía na Lei 9/2002, de 30 de diciembre, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza (vixente ata o 19 de marzo de 2016),  séguese diferenciando entre solo urbán consolidado e non consolidado.  En concreto, o concepto de solo urbán non consolidado adáptase ós criterios de rehabilitación, rexeración e renovación urbana contidos na lei básica estatal  (Lei 8/2013, de 26 xuño).

A categoría de solo urbanizable aparece definida no art. 27 da Lei.  O concepto recollido en dito artigo, adopta principios sustentados na lexislación básica estatal e redefine o concepto. Ademáis,  prohíbense as urbanizacións illadas e suprímese o solo urbán urbanizable non delimitado.

solo de núcleo rural aparece regulado no art 23 da Lei. Como novidade, cabe destaca-la desaparición da categoría de solo de núcleo rural complexo. Non obstante, séguese a mante-la distinción entre solo de núcleo rural tradicional e solo de núcleo rural común. En dito artigo establécese unha delimitación entre o solo.

Polo que se refire ó solo rústico, débese destacar que as condicións de urbanización en solo rústico serán as previstas polo PXOM correspondente. Por outra parte, respecto da categorización do solo rústico, diferenciase entre solo de protección ordinaria e de especial protección.  Ademáis, sinálanse dezaoito usos posibles para o rústico ordinario. A maioría destos usos coa licenza municipal directa para así lograr reduci-las cargas administrativas para o ciudadán.

Á hora de definir qué se entende por solo de especial protección, o art. 31 da lei remite ó que en cada caso estableza a lexislación sectorial de protección do dominio público marítimo-terrestre, hidráulico ou de infraestructuras, ou a lexislación sectorial de protección dos valores agrícolas, gandeiros, forestais, paisaxísticos, ambientais, naturais ou culturais. Por iso, son estas normas as que determinan as limitacións de aplicación ós usos de tales solos; todo elo sen perxuicio, non obstante, das limitacións contidas con carácter xeral para todo solo rústico, na propia Lei 2/2016, de 10 de febrero , del solo de Galiza.

En materia de rehabilitación de edificacións,  a lei define expresamente qué se entende por edificación tradicional.  O art. 40 sinala que se considera como tal a aquela de máis de 40 anos (aquelas existentes con anterioridade á entrada en vigor da  Lei 19/1975, de 2 de maio de reforma da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana). Con esta delimitación expresa elimínase a inseguridade xurídica derivada da falta de delimitación deste concepto pola parte da lei anterior. Potenciase a introducción de novos usos das construccións existentes (máis alá do uso residencial) que perseguen a reutilización de ditas construccións co fin de impulsa-lo mundo rural e evita-la realización de novas construccións.

A rehabilitación de edificaciones sólo require licenza municipal.  Desaparece a obriga de autorización autonómica,  reducindo deste modo as cargas administrativas para os ciudadáns.

Por outra parte,  como novidade destacable, amplíase a posibilidade de realizar rehabilitacións ós núcleos rurais. En todo caso exísexe que se respete a altura e tipoloxía da edificación existente, aínda que non se esixe parcela mínima nin retranqueos.  Ademáis  poderánse amplia- las vivendas edificadas ata un 50% frente ó 10% permitido na lei anterior.

Como importante novidade, esta lei pretende da-las ferramentas precisas para facer posible un pulo á actividade económica que se concreta nos seguintes puntos:

 1 Xéranse as condicións precisas para a creación de actividade no solo empresarial, poñendo no mercado solo asequible ós emprendedores.

2   Increméntase a edificabilidade de ocupación da parcela de 0,7 m2/m2 a 1 m2/m2.

3  Suprímense os estándares fixos das cesións no solo industrial, por ser máis propias do solo residencial. As zonas verdes e os equipamientos adecuaranse ás necesidades reais co obxetivo de integrarlas no territorio e reduci-lo impacto ambiental e paisaxístico.

Polo que se refire ós  instrumentos de ordeación urbanística,  coa nova lei producise unha clara aposta pola simplificación administrativa, promoción da participación activa do ciudadán e integración da tramitación urbanística e ambiental.

A simplificación administrativa supón unha reducción de plazos de tramitación. Entre outros, redúcese o prazo relativo á petición de información previa á comunidade autónoma para a elaboración do proxecto de Plan Xeral de dous meses a un e elimínanse outros  trámites como a necesidade de aprobación definitiva do Plan por parte da consellería competente en materia de urbanismo para plans xerais de concellos con  población superior a 50.000 habitantes.

Ademáis, inténtase promove-la participación activa do ciudadán  a través da creación da plataforma urbanística galega e o rexistro de planeamento urbanístico.

En relación ó terceir aspecto sinalado,  producidose a integración no procedemento de aprobación dos Plans Xerais de Ordeación Urbana, do procedemento de control ambiental descrito na Lei 21/2013, de 9 de dicembro, de evaluación ambiental e o emprego da terminoloxía empregada por ésta última.

Por último, referirémonos ó réxime transitorio previsto na Disposición Transitoria 1º da Lei 2/2016. Esta disposición ten por obxeto determina-lo réxime de aplicación da mesma ós municipios con planeamento non adaptado e ós municipios sie planeamento.

No caso de plans que foran aprobados definitivamente con anterioridade á entrada en vigor da nova lei e adaptados á Lei 9/2002, de 30 de dicembro de ordeación urbanística e protección do medio rural de Galiza, conservará a súa vixencia ata  a súa revisión ou adaptación á mesma, conforme ás siguientes regras:

  • Ó sOlo urbán e urbanizable delimitado e non delimitado,  aplicaráselle íntegramente o disposto no planeamento respectivo, se ben a ordeación do solo urbanizable non delimitado realizarase a través de plans parciais, que haberán de conter, ademáis da delimitación do sector que será obxeto de transformación e das determinacións esixidas no artigo 68 da nova lei, as especificacións que a mesma concreta a renglón seguido.
  • Ó solo de núcleo rural e ás súas áreas de expansión, aplicaráselle íntegramente o disposto no planeamento respectivo, salvo no que se refire ás edificacións tradicionais existentes, as  que se lles aplicará o previsto en el artículo 40 de la nueva lei.
  • Ó sOlo rústico, aplicaráselle l disposto na nova lei para esta clase de solo, mantendo, en todo caso, a vixencia das categorías de solo contempladas no planeamento respectivo.

O planeamiento aprobado definitivamente con anterioridade á entrada en vigor da nova lei  e non adaptado á Lei 9/2002, de 30 de diciembro, de ordeación urbanística e protección do medio rural de Galicia, conservará a súa vixencia ata a súa revisión ou adaptación á mesma, conforme as siguintes reglas:

  • a)Ó solo urbano que reúna as condicións establecidas no artigo 17.a) da lei 2 /2016,  aplicaraselle o disposto  na mesma para o solo urbán consolidado.
  • b)Ó solo urbanizable delimitado, aplicaraselle o disposto na lei 2/2016 para o solo urbanizable.

Ó solo urbanizable non delimitado, apto para urbanizar ou rústico apto para o desenrolo urbanístico, aplicaráselle o disposto na lei para o solo rústico.

Non obstante o anterior, o solo urbanizable delimitado, non delimitado, apto para urbanizar ou rústico apto para o desenrolo urbanístico có planeamento de desenrolo aprobado inicialmente antes da entrada en vigor da nova lei, aplicaráselle o réxime do solo urbanizable previsto na mesma.

Asimesmo, o solo urbanizable delimitado, non delimitado, apto para urbanizar ou rústico apto para o desenrolo urbanístico có planeamento de desenrolo aprobado definitivamente antes da entrada en vigor da lei, aplicaráselle íntegramente o disposto  no planeamento respectivo.

  • c) Ó solo incluido no ámbito dos núcleos rurais o nas delimitacións de solo non urbanizable de núcleo rural, en  nas súas áreas de influencia ou tolerancia, aplicaráselle íntegramente o disposto no planeamento respectivo, agás o que se refire ás edificacións tradicionais existentes, ás que será de aplicación o previsto no artigo 40.
  • d) Ó solo non urbanizable ou solo rústico, aplicaráselle o disposto na nova lei para o solo rústico.

Nos  municipios sen planeamiento xeral  aplicaráse o réxime do solo rústico establecido na nova lei, se ben únicamente se podrá edificar nos terreos que merezan a condición de solo urbán consolidado por reunir os requisitos establecidos no artigo 17.a) da lei e as delimitacións de núcleo rural manterán  a súa vixencia.

Dacordo coa Disposición Transitoria Segunda, os plans aprobados provisionalmente antes da entrada en vigor da nova lei poderán continua-la súa tramitación ata a súa aprobación definitiva a tenor do disposto na Lei 9/2002, de 30 de dicembro, de ordeación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Por outra parte,  os que, nesa mesma data, xa tivesen sido aprobados inicialmente poderanse adaptar íntegramente á presente lei ou continua-la súa tramitación a tenor do disposto na Lei 9/2002, de 30 de dicembro, de ordeación urbanística e protección do medio rural de Galicia, se ben as súas determinacións haberán de se adaptar pleamente á presente lei. A simple adaptación do contenido do plan en tramitación ás disposicións establecidas na nova lei non implicará, por sí solo, a necesidade de  o someter a nova información pública, agás cando se pretendese introducir outras modificacións que alteren sustancialmente a ordeación proxectada e non sexan consecuencia da adaptación.

Polo que se refire a aqueles plans en tramitación que non alcanzaran a aprobación inicial á data de entrada en vigor da presente lei haberán de se adaptar plenamente á mesma.

Se desexa obter máis información , contacte con nós a través do formulario web o chámenos ó 988 23 27 93 sen compromiso.