Blog

23 Abril, 2016

Imposto sobre Sucesións Galicia 2016

impuesto sucesiones y donaciones Galicia 2016
Modificación Impuesto sobre Sucesiones y Donaciones Galicia 2016| Gómez & Alonso Abogados

Tra-la aprobación da Lei 15/2015 de 24 de decembro, introducironse diversas modificacións no Imposto sobre Sucesións de Galicia, con efectos a  partir do 1 de xaneiro de 2016.

Entre as modificacións máis destacables sinalaremos:

  1. Incremento das reducciónes por parentesco a aplicar polos descendentes, adoptados de 25 ou máis anos, cónxuxes, ascendentes e adoptantes, ata 400.000€.
  1. Aplicación da reducción por vivenda habitual naqueles casos nos que o transmitente non residise naquela vivenda. Esta posibilidade contemplase únicamente se o transmitente se tivese trasladado por circunstancias físicas ou psíquicas a recibir coidados a un centro especializado ou a vivir cos séus familiares

Así, dende xanerio deste ano, as reduccións  por parentesco a aplicar polos herdeiros serán os seguintes:

Grupo I: descendentes e adoptados menores de 21 años, 1.000.000€ máis 100.000 € por cada ano menos de 21 que teña o causahabente, cun límite de 1.500.000€.

Grupo II: descendentes e adoptados de 21 años ou máis e menores de 25, 900.000 € menos 100.000 € por cada ano maior de 21 ata 24; de 25 anos ou máis, cónxuxes, ascendentes e adoptantes: 400.000€

Grupo III: colaterais de segundo e tercer grao, ascendentes y descendentes por afinidade, 8.000€.

Grupo IV: colaterais de cuarto grao, graos máis distantes e extraños, non haberá lugar a reducción.

 

Polo que se refire á reducción por vivenda habitual,  trala mencionada modificación, o  Real Decreto Lexislativo 1/2011 establece que cando na base impoñible dunha adquisición mortis causa esté engadido o valor da vivenda habitual do causante, e a adquisición corresponda ós descendientes ou adoptados, ascendentes ou adoptantes e colaterales, por consanguinidade,  practicaráse unha reducción co límite de 600.000 euros e aplicaráse a porcentaxe de reducción que corresponda en función do valor real total do inmoble.

As porcentaxes de reducción a aplicar son as seguintes:

Valor real do inmoble            Porcentaxe de reducción

Ata 150.000€                                                   99%

De 150.000,01 a 300.000 €                               97%

Máis de 300.000 €                                               95%

Naquelles casos nos que a adquisición corresponda ó cónxuxe, a reducción será do 100% da base impoñible co límite de 600.000€.

En caso de parente colateral, iste terá que ser maior de 65 anos e será precisa a convivencia co causante durante os dous anos anteriores ó falecemiento.

Considerando as modificacións operadas no Imposto sobre Sucesións de Galicia e os pactos sucesorios que se poden suscribir dacordo ca Lei 2/2006, de Dereito Civil de Galicia, como o de mellora e o de apartación (que prevén a entrega de bens en vida ós descendentes como forma anticipada da herdanza a percibir),  sería oportuno realizar una planificación fiscal axeitada para aproveita-los beneficios fiscais previstos na normativa.

Se desexa obter máis información, póñase en contacto con nós.