Blog

5 Marzo, 2018

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra abre a vía para a anulación de tódalas liquidacións de plusvalía municipal

pasado 6 de febreiro, o Tribunal Superior de Xusticia de Navarra (en adiante TSXN),  anulou a liquidación de plusvalía municipal nun suposto no que non existía perda patrimonial.

O TSJN considera que sas “liquidación impugnadas quedaron orfas de amparo legal”.

O Tribunal considera ademáis, á vista das Sentenzas do Tribunal Constitucional que non cabe práctica de proba algunha para determinar se existe ou non feito impoñible. Esto é así debido a que para a cuantificación da base impoñible,  estaríanse aplicando preceptos que foron expulsados do ordenamento xurídico.

Así, sinala: “A liquidación xirada en aplicación dos preceptos expulsados do ordenamento xurídico ex origine e ex radice, non pode ser reexaminada á vista do resultado de proba algunha (singularmente pericial) para a que se carece de parámetro legal, pois, implicaría continuar facendo o que expresamente o TC rechazou naquela Sentenza  26/2017. No presente momento ante a inexistencia de dito réxime legal, non é posible non só determinar se existe  ou non feito impoñible, senon nin sequera cuantifica-la base impoñible. O lexislador e sólo il, na súa liberdade de configuración normativa, e á luz da Sentenza do Tribunal Constitucional a quen lle  corresponde deterimar os supostos de eventual incremento ou decremento e a súa cuantificación constitucional, levando a cabo as modificacións ou adaptacións pertinentes no réxime legal do imposto que permitan arbitra-lo modo de non someter a tributación as situacións de inexistencia de incremento de valor dos terrenos de natureza urbana ( e en xeral situacións inexpresivas de capacidade económica)”

Esta sentencia firme, é relevante non só por ser o primeiro recurso de casación autonómico que se dicta nesta materia, senon tamén porque sinala o criterio seguido no territorio foral Navarro. Este criterio, é considerado entre outros, polo Xuzgado Contencioso Administrativo número 1 de Ourense (Sentencia do Xuzgado Contencioso Administrativo número 1 de 30 de octubro de 2017).

Por outra parte,  estímanse as pretensións de dúas empresas constructoras. Este feito propiciará que  promotoras comecen a reclama-la devolución dos importes de plusvalía municipal.

Se desexa obter máis información sobre algunha das nosas áreas de especialización

  contacte con nós a través do noso formulario web,

  chamando ó 988 23 27 93 o

 ou enviando correo electrónico a info@gomezalonsoabogados.com