Blog

16 Marzo, 2021

O banco debe devolve-los gastos de tasación

O Tribunal Supremo resolveu esta cuestión na  Sentenza 35/2021 de 27 de xaneiro de 2021, na que se resolve sobre os efectos económicos da declaración de nulidade da cláusula de gastos de préstamos hipotecarios entre bancos e consumidores.

O alto tribunal establece que os consumidores teñen dereito á restitución de tódolos gastos pagados en concepto de rexistro da propiedade, xestoría, tasación (cando non sexa aplicable  Lei 5/2019, de 15 de marzo, así como a metade dos gastos de notaría.

Pola contra, o Imposto sobre Actos Xurídicos Documentado será de conta dos consumidores.

Nos fundamentos xurídicos da sentenza, faise referencia á Directiva 93/12 e á doctrina do Tribunal de Xustiza da Unijón Europea (TXUE), na que se crea a doctrina do abusivo da cláusula contractual que atribúe ós consumidores prestatarios o pago de tódolos gastos xerados pola operación crediticia, e conleva a súa nulidade.

“(…) De tal forma que, unha vez declarada nula e sen efecto polo abusivo da cláusula que atribuía tódolos gastos ó prestatario consumidor, o tribunal debía entrar a analizar a quén, con arreglo as reglas legáis e reglamentariasz, correspondía satisfacer cada un dos gastso cuestionados. Non se trata de ningúnr eparto equitativo dos gastos, senon de analiza-la normativa aplicable ó caso para constatar a quen lle corresponde o pago de cada un deses gastos….(…) a esixencia de tasación da finca de conformidade ca Ley de Mercado Hipotecario e a súa constancia mediante a correspondente certificación é, ademáis, un requisito previo para a emisión de valores garantizados … as normas xerais sobre tasación dos bens hipotecables, á que se deberán ater tanto os servizos das Entidades prestamistas como as Entidades especializadas que para este obxeto se podan crear… de acordo coa STXUE de 16 de xullo de 2020, ante a falta dunha norma nacional aplicable en defecto de pacto que impuxese ó prestatario o pago da totalidade ou dunha parte deses castos, non cabería negar ó consumidor a devolución das cantidades abonadas en virtude da cláusula que se declarou abusiva… cando resulte de aplicación a Lei 5/2019, de 15 de marzo, reguladora dos ocntratos de crédito inmobiliario, os gastos de tasación corresponderán o prestatario, por estar así prescrito no apartado i) do seu artigo 14.1e)…”

Esta sentenza ten gran relevancia xa que recolle tódalas consecuencias derivadas da nulidade de cláusulas polas que se impón ós consumidores tódolos gastos de formalización de hipoteca.

¿Queres saber máis? Consúlta con nós