Blog

11 Decembro, 2020

¿Canto leva Facenda se toca a Lotería?

Seguramente teñas pensado qué farías se te tocase a  Lotería pero ¿sabes qué parte do premio leva Facenda? A Axencia EStatal da Administración Tributaria publicou unha  nota aclarando aspectos conflitivos deste tema.

A tributación destes premios regúlase na Lei 16/2012 de 27 de dicembro a través de un gravame especial..

Esta norma establece que estarán exentos os premios con importe íntegro  igual o inferior a 40.000 euros. Os premios importe íntegro superior a 40.000 euros só tributarán polo exceso.

No momento do cobro, a Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado practiva unha retención do 20% sobre a parte que exceda  40.000 euros.

Pero ¿hai diferencias según a condición do perceptor?

Se o perceptor fose contribuínte do Imposto da Renda das Persoas Físicas ou do Imposto da Renda de Non Residentes sen establecemento permanente, non será preciso presentar autoliquidación.

No segundo caso, se o convenio de doble imposición internacional de aplicación o permite, o perceptor non residente poderá solicita-la devolución da retención soportada.

No caso de que o perceptor sexa contribuínte do Imposto sobre Sociedades debería inclui-lo importe do premio entre as rendas do periodo suxetas ó imposto e a retención /ingreso a conta do 20% soportado como un pago a conta máis.

 

¿Aínda tes dúbidas?

¡Consúlta con nós!