Blog

1 Setembro, 2016

¿Vives de aluguer? ¡¡Ollo con Facenda!!

Impuestos alquiler vivienda
Transmisiones Patrimoniales Onerosas Alquiler de vivienda

Nos últimos meses, esta pregunta tense convertido nunha dúbida recurrente dos nosos clientes.  Moitos deles,  foron obxeto de comprobacións de Facenda por iste motivo. Por elo,  decidimos adicar un post a esta cuestión.

Todo inquilino dunha vivenda debe satisface-lo el imposto sobre transmisións patrimonias onerosas. O feito impoñible que concurre neste caso é o dereito a usa-la vivienda durante un determinado tempo (un dos supostos previstos no art 7 do Real Decreto Lexislativo 1/1993 de 24 de septembro)

O cálculo da cuota a satisfacer realizarase aplicando a escala que lle corresponda. Ó tratarse dun imposto cedido, cada Comunidade Autónoma pode aprobar uns tipos específicos a aplicar neste caso. A falta de previsión específica, aplicarase a escala estatal contida no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 1/1993 de 24 de septiembro. 

A liquidación do imposto realizarase nos 30 días seguintes á formalización do contrato de aluguer. Poderase realizar mediante papel timbrado ou a través da presentación do modelo 600 ante a Comunidade Autónoma correspondente.

Non debemos esquecer que, aínda que o suxeito pasivo obrigado a satisfacer este imposto é o arrendatario poderíaseññe exixi-lo pago ó arrendador como responsable subsidiario dacuerdo có previsto no art. 9 de Real Decreto Lexislativo 1/1993 de 24 de septiembre). Así, se trala percepción a primeira renda o arrendador non exixira ó inquilino a xustificación do pago deste imposto, este importe poderíalle ser exixido ó arrendador.

Nos últimos meses iniciáronse numerosas comprobaciónns para regulariza-la situación dos obrigados tributarios que non tivesen liquidado este imposto polo aluguer de vivienda. Nestas comprobacións chégase a comproba-la falta de liquidación do imposto nos catro anos anteriores.  Estas actuacións téñense intensificado na Comunidade de Madrid e, é previsible que esta tendencia se extenda a outras comunidades autónomas.

Se quiere que lle asesoremos nesta materia, inspeccións de facenda, asuntos de carácter fiscal ou calquera das nosas áreas de especialización contacte con nós a través diste link ou chámenos ó 988 23 27 93. Tamén nos pode enviar un correo electrónico a info@gomezalonsoabogados.com