Nos últimos meses, esta pregunta tense convertido nunha dúbida recurrente dos nosos clientes. Moitos deles, foron obxeto de comprobacións de Facenda por iste motivo. Por elo, decidimos adicar un post a esta cuestión.
Todo inquilino dunha vivenda debe satisface-lo el imposto sobre transmisións patrimonias onerosas. O feito impoñible que concurre neste caso é o dereito a usa-la vivienda durante un determinado tempo (un dos supostos previstos no art 7 do Real Decreto Lexislativo 1/1993 de 24 de septembro)
O cálculo da cuota a satisfacer realizarase aplicando a escala que lle corresponda. Ó tratarse dun imposto cedido, cada Comunidade Autónoma pode aprobar uns tipos específicos a aplicar neste caso. A falta de previsión específica, aplicarase a escala estatal contida no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 1/1993 de 24 de septiembro.
A liquidación do imposto realizarase nos 30 días seguintes á formalización do contrato de aluguer. Poderase realizar mediante papel timbrado ou a través da presentación do modelo 600 ante a Comunidade Autónoma correspondente.
Non debemos esquecer que, aínda que o suxeito pasivo obrigado a satisfacer este imposto é o arrendatario poderíaseññe exixi-lo pago ó arrendador como responsable subsidiario dacuerdo có previsto no art. 9 de Real Decreto Lexislativo 1/1993 de 24 de septiembre). Así, se trala percepción a primeira renda o arrendador non exixira ó inquilino a xustificación do pago deste imposto, este importe poderíalle ser exixido ó arrendador.
Nos últimos meses iniciáronse numerosas comprobaciónns para regulariza-la situación dos obrigados tributarios que non tivesen liquidado este imposto polo aluguer de vivienda. Nestas comprobacións chégase a comproba-la falta de liquidación do imposto nos catro anos anteriores. Estas actuacións téñense intensificado na Comunidade de Madrid e, é previsible que esta tendencia se extenda a outras comunidades autónomas.